Thomas Eugene Kurtz, nado en Oak Park, Illinois, o 22 de febreiro de 1928 e finado en Lebanon, New Hampshire, o 12 de novembro de 2024, foi un científico da computación estadounidense. Foi o desenvolvedor da linguaxe de programación BASIC (o Dartmouth BASIC) en 1964 canda John George Kemeny. Foi Presidente e membro do consello de administración de EDUCOM, da mesma maneira que o foi en NERComP. Tamén foi membro do comité de dirección no proxecto 'CONDUIT' e na conferencia na instrución da informática.
En 1991, a sociedade de informática IEEE premiou a Kurtz co IEEE Computer Pioneer Award3 e en 1994 foi instalado como un compañeiro (Fellow) da Association for Computing Machinery.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do persoeiro
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2024