A tempada 1997-98 da División de Honra da LNFS foi a 9ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 13 de setembro de 1997 e rematou o 21 de xuño de 1998 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o primeiro título de liga na historia desta competición a prol do ElPozo Murcia.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Non obstante, o Sego Zaragoza foi eliminado da competición a 9 xornadas do remate da tempada por non presentarse a máis dun encontro, e a táboa final da liga tivo en conta só 15 equipos e 32 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular

EquiposPtsXogGEPG+G-Dif 1.Caja Segovia FS 7532 23 6 3 125 77 +48 2.ElPozo Murcia (C)7432 23 5 4 174 95+79 3.Boomerang Interviú 7332 3 4 5 160 102+58 4.CLM Talavera6632 21 3 8 165 97+68 5.Playas de Castellón 6032 18 6 8 135 91+44 6.Caja San Fernando Jerez 4632 13 7 12 105 104+1 7.Industrias García 4532 13 6 13 141 146-5 8.Yumas Valencia 4432 13 5 14 124 132-8 9.Fiat Carnicer Torrejón 4132 12 5 15 131 140-9 10.Rías Baixas FS 4032 12 4 16 116 125-9 11.Maspalomas Canaria 3832 11 5 16 90 106-16 12.Seat Martorell FS 3632 11 3 18 94 132-38 13.Dulma Astorga 3232 9 3 20 117 157-40 14.Jaén Paraíso Interior 3032 9 2 21 99 157-58 15.Sol Fuerza Salamanca 2932 9 2 21 99 140-41 16.Ourense FS (D)2532 7 4 21 95 143-48 17.FC Barcelona (D)2432 7 3 22 97 159-62 18.Zaragoza FS (D)0- - - - - --

Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles

|- style="vertical-align: top;" | Clasificado para a fase final polo título Descendido á División de Prata

</td>

(C) Campión (D) Descendido

Eliminatorias polo título

O ElPozo Murcia proclamouse campión desta edición 1997-98 da División de Honra da LNFS. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala

Categoría:Competicións de fútbol sala de España Categoría:Deporte en 1998