Erasmo Pascual, nado en Ribadavia o 6 de maio de 1903 e finado en Madrid o 7 de xuño de 1975, foi un actor teatral e cinematográfico galego. Interpretou máis de 200 papeis secundarios entre cine e televisión, sendo un dos actores máis prolíficos da historia do cine español.

Traxectoria Naceu na rúa Progreso de Ribadavia o 6 de maio de 1903, sendo fillo do enxeñeiro eléctrico Erasmo Pascual Mata e de Iluminación Colmenero González. Pasou a súa infancia na vila ourensá, ata que durante a adolescencia se trasladou coa súa familia a Madrid.

Na capital española comezou a traballar sobre os escenarios como figurante desde principios da década de 1920. Aos 20 anos acudía aos faladoiros de El Gato Negro, onde coñeceu a Rafaela Aparicio, coa que formou parella artística.

Actor de cine moi prolífico, os seus personaxes —sempre secundarios— estiveron fortemente condicionados polo seu físico miúdo, as súas lentes e a súa extrema delgadeza, as súas frases vociferando e a súa recoñecida vis cómica. Chegou a interpretar máis de 200 papeis entre cine e televisión, traballando con cineastas como Pedro Lazaga, Rafael Gil, Mariano Ozores, José Luis Borau ou Pedro Olea.

Filmografía parcial

Cine Raza (1942) Los misterios de Tánger (1942) El último cuplé (1957). Muchachas de azul (1957). ¿Dónde vas Alfonso XII? (1958). Las chicas de la Cruz Roja (1958). La vida alrededor (1959). La gran familia (1962). Vuelve San Valentín (1962). El verdugo (1963). La chica del gato (1964). Historias de la televisión (1965). Los chicos del preu (1967). El turismo es un gran invento (1967). Se armó el Belén (1968). La vida sigue igual (1969). Hay que educar a papá (1971). Las Ibéricas F.C. (1971). Ligue Story (1972). Virilidad a la española (1975). Furtivos (1975).

Televisión El pícaro (1974).

Teatro ¡Sublime decisión! (1955), de Miguel Mihura. El teatrito de don Ramón (1959), de José Martín Recuerda. El chalet de madame Renard (1961), de Miguel Mihura. Los caciques (1962), de Carlos Arniches. Al final de la cuerda (1962), de Alfonso Paso. Juegos de invierno (1964), de Jaime Salom. Pecados conyugales (1966), de Juan José Alonso Millán. La casa de las chivas (1969), de Jaime Salom.

Notas

Categoría:Actores de Ribadavia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes