José Luis Fondo Aguiar, nado en Ponteceso o 7 de abril de 1950, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É arquitecto técnico. Foi candidato do PPdeG en Ponteceso nas municipais de 1991, situándose como a segunda forza máis votada tralo PSdeG-PSOE. Acadou a alcaldía en maio de 1993 mediante unha moción de censura que contou co apoio dos concelleiros do PSG-EGFondo Aguiar toma el bastón de Ponteceso con el apoyo de EG. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1995. Nas sucesivas eleccións volveu acadar a maioría absoluta ata que en 2015 perdeu a maioría e cedeulle a alcaldía ó socialista Xosé Lois García Carballido, que formou goberno con APIN e o BNG. Foi deputado provincial entre 1999 e 2007. Nas municipais de 2019 volveu encabezala candidatura popular e foi derrotado polo PSdeG-PSOE, que logrou a maioría absoluta, ante o cal non recolleu a acta e se retirou da primeira liña política.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Ponteceso

Ligazóns externas El alcalde de Ponteceso cobra el sueldo más alto de los concellos de A Costa da Morte Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Ponteceso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes