Matthew Le Tissier, nado o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port (Guernsey), é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección inglesa. Pasou toda a súa carreira no Southampton FC.
Traxectoria Naceu na illa de Guernsey, situada no Canal da Mancha entre Inglaterra e Francia. Xogou desde os 18 anos no Southampton FC, onde coincidiu con Alan Shearer antes da súa marcha ao Blackburn Rovers. Nas quince tempadas que permaneceu activo (1986–2002) vestiu a camiseta branca e vermella en máis de 500 partidos entre a Premier League, a FA Cup e a Football League Cup, anotando máis de 200 goles. A súa mellor época foi entre as tempadas 89/90 e 94/95, marcando 96 goles en liga en 6 anos, destacando un que lle marcou ao Blackburn desde preto do círculo central, elixido gol da tempada 94/95 por votación popular.
En maio de 2002 organizouse un partido de homenaxe entre o Southampton e unha selección de Inglaterra, cun combinado formado por xente como Alan Shearer, Tim Flowers, Paul Gascoigne ou Ronnie Ekelund e adestradores como Alan Ball, Kevin Keegan ou Lawrie McMenemy. Os Saints, a afección do Victorian Former Ground (The Dell), alcumábao the God, co cántico de "he is God, Le God".
O concello de Hampshire concedeulle o título de "Freedom of the City". Actualmente traballa para SKY, e obtivo a licenza pro de Management, polo que pode adestrar equipos de calquera división.
Estatísticas ClubPeríodoLiga PJ (G)FA Cup PJ (G)League Cup PJ (G)TOTAL PJ (G)Media Southampton FC1986–2002443 (162)33 (12)52 (27)528 (201)0,38 %
Selección nacional Ao nacer en Guernsey puido elixir entre xogar coa selección inglesa ou a selección de Francia, decidíndose polo combinado inglés. Debutou o 15 de febreiro de 1995 da man de Terry Venables nun amigábel contra a selección irlandesa en Lansdowne Road. Porén, só xogou 8 encontros co combinado nacional.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en englandstats.com
Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Southampton FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Guernsey