O Acordo Europeo relativo ao transporte internacional por Estrada de Mercadorías Perigosas, en inglés European Agreement concerning the International Carriage of Dangerous Goods by Road é un acordo internacional asinado o 30 de setembro de 1957 en Xenebra que regula o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada. miniatura|Cisterna cargada con mercadorías perigosas. Os números da placa indican 30:líquido inflamable e 1866: solucións de resina inflamables.

Ámbito de aplicación O ámbito de aplicación do acordo é o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada, en concreto, que mercadorias non pode ser transportadas por estrada e cales están permitidas e en que condicións. Sen prexuízo de que moitos países, entre eles España, teñan adoptado estas normas tamén para os transportes interiores por estrada. Así o Real Decreto 551/2006, de 5 de maio di:

Estrutura e contido O acordo ADR revísase e públícanse novas versión de xeito bianual, sempre en anos impares. O ADR actualmente en vigor corresponde á edición de 2013.

O corpo do ADR estutúrase en dous anexos, chamados A e B.

Anexo A O anexo A divídese en sete partes e recolle as disposicións relativas ás materias e obxectos perigosos.

Parte 1 Recolle as disposicións xerais: campo de aplicación, definicións e unidades de medida, formación de obrigas de seguridade dos participantes neste tipo de transportes, restriccións e medidas de protección.

Parte 2 (ver mercadoría perigosa)

Recolle a clasificación das materias perigosas.

As materias divídenese en clases que, á súa vez, poden ter, segundo a clase de materia, distintas subdivisións en razón de nivel de perigosidade ou características propias de cada caste de materias. As materias clasifícanse en:

Clase 1 Materias e obxectos explosivos. Clase 2 Gases. Clase 3 Líquidos inflamables. Clase 4.1 Materias sólidas inflamables, materias autorreactivas e materias explosivas desensibilizadas sólidas. Clase 4.2 Materias que poden experimentar inflamación espontánea. Clase 4.3 Materias que en contacto coa auga desprenden gases inflamables. Clase 5.1 Materias comburentes. Clase 5.2 Peróxidos orgánicos. Clase 6.1 Materias tóxicas. Clase 6.2 Materias infecciosas. Clase 7 Materias radioactivas. Clase 8 Materias corrosivas. Clase 9 Materias e obxectos que presentan perigos diversos.

Parte 3

Lista de mercadorías perigosas, que se presentan en dúas táboas: táboa A, que recolle as distintas substancias segundo os seus números ONU, coas especificacións sobre perigosidade, embalaxes, restricións etc; e táboa B, que se limita a recoller as sústancias segundo a súa orde alfabética.

O número ONU é unha convención internacional establecida entre os países membros das Nacións Unidas que serve para designar as materias perigosas Consiste nun número de catro cifras precedido das siglas "UN". Por exemplo: UN 1203 GASOLINA; UN 3065 BEBIDAS ALOCOHÓLICAS. Ás veces non designan unha materia concreta senón un grupo delas (UN 3162 GAS LICUADO TÓXICO).

Parte 4 Disposicións relativas a embalaxes e cisternas: tipos de embalaxes e cisternas dispoñibles, materiais cos que se poden construír, características técnicas obrigatorias e medidas de seguridade.

Parte 5 Procedemento de expedición: normas que rexen o embalado destas materias. Documentación obrigatoria que debe acompañar os envíos. Marcas de perigo e etiquetas obrigatorias para as embalaxes e para os vehículos que realizan o transporte.

Parte 6 Disposicións sobre a construción de embalaxes e cisternas. Esta parte trata das normas que se deben seguir na construción destes elementos e os criterios que deben rexer as probas e ensaios necesarios para a súa aprobación. Adícanse apartados específicos á construción dos distntos tipos de embalaxes e cisternas (grandes embalaxes, cisternas fixas e móbiles, ransporte a granel) e ás normas que deben rexer para embalaxes de gases, substancias infecciosas e materiais radioactivos.

Parte 7 Normas relativas ao transporte (vultos, cisternas e a granel), carga, descarga e manipulación.

Anexo B O anexo B, que se divide en dúas partes, recolle as condicións que deben reunir tanto os vehículos que transportan mercadorías perigosas como a tripulación dos mesmos.

Parte 8 Disposicións relativas a outros aspectos relacionados co transporte de mercadorías perigosas. Dunha banda, requisitos que debe reunir a tripulación: como formación e instrucións a observar no traballo.

Doutra banda, unha miscelánea que abrangue temas como a documentación, vixilancia, prohibicións en túneles.

Parte 9 Disposicións relativas á construción dos vehículos, especificacións técnicas, equipamento, medidas de seguridade. E regulacións sobre algúns vehículos especiais.

Véxase tamén

Ligazóns externas United Nations Economic Commission for Europe . Ministerio de Fomento, Mercancías peligrosas y perecederas . ADR 2011 publicado no BOE .

Categoría:Seguridade Categoría:Tratados de Irlanda