Luis Carlos Seara Nieto, nado en Paderne de Allariz en 1936 e finado no mesmo concello o 22 de marzo de 2010, foi un político galego do PPdeG. Traxectoria Empregado dunha entidade de aforro e cooperativista de Coren. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Paderne de Allariz, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido por Coalición Galega, Centristas de Galicia e PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, ata que en 2007 foi substituído como cabeza de lista do PPdeG por José Manuel Fernández Gómez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Paderne de Allariz

Categoría:Alcaldes de Paderne de Allariz Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes