José Manuel Fernández Gómez, nado en 1953, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Pensionista da construción. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato de PPdeG á alcaldía de Paderne de Allariz substituíndo a Luis Seara Nieto e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 2011, 2015 e 2019, sempre con maioría absoluta. Após 16 anos como alcalde, en xaneiro de 2023 renunciou ao seu cargo por motivos persoais e foi substituído por Manuel Pérez Novoa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Paderne de Allariz
Categoría:Alcaldes de Paderne de Allariz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1953