A Igrexa é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE.
Toponimia O topónimo A Igrexa (do latín , o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de San Miguel de Boullón.
Patrimonio A igrexa de San Miguel é de finais do século XVII ou comezos do XVIII. Ten planta rectangular e posúe dous retablos. A sancristía áchase na cabeceira da igrexa.
No adro da igrexa hai un cruceiro e en fronte del un recinto pechado cuxa porta está rematada por unha cruz de pedra flanqueada por dous pináculos.
Lugares e parroquias Lugares de Boullón
Parroquias de Brión
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información da parroquia na web do Hotel Rosalía.
Categoría:Lugares de Brión Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Despoboados da provincia da Coruña