Georges Claude, nado en París o 24 de setembro de 1870 e finado o 23 de maio de 1960, foi un químico, físico e inventor francés.

Traxectoria Ao redor de 1902 foi o primeiro en aplicar unha descarga eléctrica nun tubo selado e con gas neon coa idea de crear unha lámpada. Inspirado en parte pola invención de Daniel McFarlan Moore, a lámpada de Moore, Claude inventou a lámpada de neon mediante a descarga eléctrica dun gas inerte comprobando que o brillo era considerábel.

En Cuba, en 1930, grazas á idea de Arsène d'Arsonval (1851-1940), construíu o primeiro proxecto de utilización de enerxía maremotérmica baseado no gradiente térmico oceánico.

Véxase tamén Bibliografía Georges Claude, le génie fourvoyé. Rémi Baillot. EDP Sciences (2010). ISBN 978-2-7598-0396-5

Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Nados en París Categoría:Inventores de Francia