Luis Usera Bugallal, nado en Talavera de la Reina o 8 de xullo de 1890 e finado en Madrid o 7 de agosto de 1958, foi un avogado, empresario e político español de orixe galega.

Traxectoria Fillo do xuíz Víctor Usera e da dama galega Luisa Bugallal, foi sobriño de Gabino Bugallal, quen foi presidente do goberno de España. Casou coa condesa de Bugallal, Matilde Bugallal Rodríguez.

Secretario da Audiencia Provincial. Foi deputado polo distrito de Xinzo de Limia de 1918 a 1923. Foi nomeado Subsecretario de Graza e Xustiza en 1921. Foi escollido vicepresidente do Real Madrid CF en 1929, pero por un problema regulamentario foi obrigado a dimitir e ascendeu á presidencia en 1930, cargo que ocupou ata 1935Luis Usera Real Madrid C.F..

Vida persoal

Casou coa súa curmá Matilde Bugallal Rodríguez-Fajardo, III condesa de Bugallal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes do Real Madrid Categoría:Empresarios de España Categoría:Nados en Talavera de la Reina Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Españois de ascendencia galega