Manuel Penedo Paradela, nado no Irixo o 26 de xaneiro de 1959 e finado o 2 de agosto de 2019, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP-CdeG á alcaldía do Irixo e aínda que o CPG obtivo maioría absoluta, o candidado de AP-CdeG saíu elixido alcalde cos votos de CDS e máis dun dos concelleiros de CPG. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1991 por Centristas de Galicia, con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, até morrer en 2019

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Irixo

Ligazóns externas "un trásfuga,apoiado polos poderes fácticos da provincia, erixen en alcalde a Manuel Penedo Paradela" "O Irixo: alcaldes en democaria (1979-2021)" de Xulio Dobarro Ferradás.

Categoría:Alcaldes do Irixo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Irixo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes