Katsina é un estado do norte da República Federal de Nixeria, con capital na cidade de mesmo nome, Katsina. A poboación estimada no 2005 era de 6 483 429 habitantes, nunha área de 24.192 km². Foi creado en 1987 de parte do estado Kaduna.

O estado é na maior parte musulmán, e os hausas (por veces agrupados cos fulanis como hausa-fulanis) son o maior grupo étnico.

Áreas de goberno local

Das 774 Áreas de goberno local de Nixeria, 34 son do estado de Katsina. Estas son: Bakori Batagarawa Batsari Baure Bindawa Charanchi Dan-Musa Dandume Danja Daura Dutsi Dutsin-Ma Faskari Funtua Ingawa Jibia Kafur Kaita Kankara Kankia Katsina Kurfi Kusada Mai'Adua Malumfashi Mani Mashi Matazu Musawa Rimi Sabuwa Safana Sandamu Zango

Katsina