O 14 de marzo de 2004, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por novena vez dende a Transición.
Tralos atentados de Madrid do 11 de marzo, os días previos ás eleccións do domingo 14 estiveron cheos de polémica. Acusacións cruzadas entre goberno e oposicións quentaron os ánimos ata que a xente comezou a concentrarse nas rúas na xornada de reflexión. Feito que foi condenado polo goberno que acusara ó PSOE de organizar manifestacións fronte as sedes do PP. Pola outra banda tanto PSOE como o resto de grupos da oposición acusaran ó goberno de non comunicar toda a información posible e adxudica-la autoría dos atentados de Atocha a ETA, cando logo Al Qaeda se os atribuíu.
Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:
← Eleccións xerais do 14 de marzo de 2004 → Partido Votos % Dif. Escanos Dif. Partido Socialista (PSOE) 11 026 163 42,59 +8,43 164 +39 Partido Popular (PP) 9 763 144 37,71 -6,81 148 -35 Convergència i Unió (CiU) 835.471 3,23 -0,94 10 -5 Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 652.196 2,52 +1,68 8 +7 Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 420.980 1,63 +0,10 7 = Izquierda Unida (IU) 1 284 081 4,96 -1,00 5 -4 Coalición Canaria (CC) 235.221 0,91 -0,16 3 -1 Bloque Nacionalista Galego (BNG) 208.688 0,81 -0,51 2 -1 Chunta Aragonesista (CHA) 94.252 0,36 +0,03 1 = Eusko Alkartasuna (EA) 80.905 0,31 -0,12 1 = Nafarroa Bai (Na-Bai) 61.045 0,24 n/a 1 +1
As eleccións en cifras miniatura|dereita|375px|Mapa de España cos partidos maioritarios en cada provincia nas eleccións xerais do 2004. O 14 de marzo estaban inscritos no censo electoral 34 571 831 persoas, das cales un 75,66% votou, e un 24,34% abstívose.
Outras cifras:
Votos válidos: 99,98% Votos nulos: 1,01 Votos a candidaturas: 98,42% Votos brancos: 1,58%
350px|dereita|miniatura|Histórico de número de escanos de PSOE, PP, IU e UCD na democracia (1977-2004).
Candidatos
As eleccións do 14-M tiñan como principal aliciente a concorrencia dos dous novos líderes políticos do PP e do PSOE.
Mariano Rajoy, líder do Partido Popular. José Luis Rodríguez Zapatero, secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español.
Outros líderes Gaspar Llamazares, coordinador xeral de Izquierda Unida. Josep Antoni Duran i Lleida, por Convergència i Unió. Josep Lluís Carod-Rovira, presidente de Esquerra Republicana de Catalunya. Josu Iñaki Erkoreka polo Partido Nacionalista Vasco. Paulino Rivero por Coalición Canaria. Francisco Rodríguez polo Bloque Nacionalista Galego. José Antonio Labordeta por Chunta Aragonesista. Begoña Lasagabaster por Eusko Alkartasuna. Uxue Barkos por Nafarroa Bai.
Campaña electoral e sondaxes As eleccións do 14-M víanse como unha proba da sociedade ao Partido Popular, que tivera que enfrontarse ao petroleiro Prestige (cunha actuación moi cuestionada), e á involucración de España na guerra de Iraq (feito que contaba coa repulsa da sociedade). Aínda por estes feitos, unha semana antes dos atentados do 11-M o PP tiña unha ampla vantaxe sobre o PSOE, aínda que o PP non volvería a acadar a maioría absoluta do 2000.
Unha semana antes das eleccións, debido á lei electoral que o prohibe, deixáronse de publicar sondaxes electorais; nese momento, cunha elevada porcentaxe de enquisados que se declaraban "indecisos", algúns falaban de empate técnico.
A campaña estivo moi marcada polo pacto do goberno tripartito en Cataluña, e pola reunión de Josep-Lluís Carod-Rovira e dirixentes da ETA. José Luis Rodríguez Zapatero prometeu non formar goberno a menos que o seu partido fose o máis votado. Mariano Rajoy pediu unha maioría cómoda para non ter que depender de pactos.
Enquisas
Resultado2000 IPSOS-ECO SIGMA-DOS Instituto Opina Demoscopia Resultado2004 Partido Popular 183 150-154 153-161 161-166 169148 Partido Socialista Obrero Español 125 154-158 152-159 140-145 141164 Convergència i Unió 15 10-12 10-11 10-11 1110 Esquerra Republicana de Catalunya 1 7-8 6 7-8 68 Partido Nacionalista Vasco 7 6-7 7 7-8 77 Izquierda Unida 8 9-11 6-7 11-12 95 Coalición Canaria 4 3-4 3 3-4 33 Bloque Nacionalista Galego 3 2 3 3 22 Chunta Aragonesista 1 1 1 - 11 Eusko Alkartasuna 1 0-1 1 - 0-11
Ipsos-Eco Consulting (TVE), Sigma Dos (Antena 3), Instituto Opina (SER) (7 marzo 2004) , Demoscopia (Telecinco)
11 de marzo: atentados de Madrid
Véxase o artigo principal Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
O 11 de marzo, tres días antes das eleccións, tivo lugar o maior atentado terrorista na historia recente de España e de Europa: os atentados de Madrid. Como consecuencia a estes feitos os partidos políticos suspenderon as súas campañas electorais.
A sombra dos atentados tivo moita influencia para que moitos partidos adquirisen votos, que até aquel momento eran indecisos. Nas sedes do PP, a noite antes da apertura dos colexios electorais, sucedéronse concentracións en contra da política informativa do Ministerio do Interior sobre a autoría dos atentados, nos que o ministerio apuntaba como principal sospeitosa á ETA, existindo outra liña de investigación aberta cara ao terrorismo islámico.
A ministra Ana Palacio, de Asuntos Exteriores, remitiu un memorando a todas as sedes diplomáticas para alentalos a defender a idea da autoría etarra, e o Goberno conseguiu unha declaración de condena explícita a ETA na ONU.
Lemas electorais
Partido Popular: Juntos vamos a más. Foi o partido que máis investiu na campaña, 11,42 millóns de Euros. Partido Socialista Obrero Español: Merecemos una España mejor e ZP, Zapatero Presidente. O orzamento foi de 10,5 millóns de Euros. Izquierda Unida: Con tu voto, es posible. Palabra. Gastou máis de 5,7 millóns de Euros. Convergència i Unió: Duran per Catalunya. Sentit comú. (Duran para Cataluña. Sentido común). Esquerra Republicana de Catalunya: Parlant la gent s'entén (Falando enténdese a xente). Partido Nacionalista Vasco: Bai, gehiago nahi dut (Si, quero máis). Chunta Aragonesista: Labordeta, gente como tú.
Resultados das eleccións As sondaxes realizadas a pé de urna, a votantes que xa depositaran o seu voto, daban diferenzas significativas cos publicados na semana anterior. A maioría das sondaxes a pé de urna, daban como vencedor das eleccións ao Partido Socialista cunha lixeira vantaxe.
O reconto de votos deu ao PSOE un 42,63% dos votos, superando ao PP que obtivo un 37,64%. O PSOE converteuse no partido maioritario do Congreso, aínda que a 12 escanos da maioría absoluta. O PP, pola súa parte, seguiu sendo a forza maioritaria do Senado, aínda que perdeu a maioría do 2000. Izquierda Unida foi a terceira forza máis votada, pero conseguiu menos escanos que Convergència i Unió, PNV e ERC, conseguiron os ascensos que lle prognosticaban as sondaxes.
Centos de militantes convocáronse na rúa Ferraz de Madrid. Zapatero honrou a memoria dos falecidos nos atentados do 11-M, e ante un público maioritariamente mozo, comprometeuse con eles pronunciando as palabras "No os fallaré". Mariano Rajoy felicitou a Zapatero pola súa vitoria, e afirmou que o PP despedíase do poder "con la tranquilidad del trabajo bien hecho" e "con las cuentas claras".
Senado
O PP conseguiu unha maioría relativa no Senado, aínda que preto da maioría absoluta. Con todo, perdeu 25 senadores e o PSOE gañou 28. Os resultados foron.
Eleccións xerais españolas, 14 de marzo de 2004 Partido Senadores Diferenza Partido Socialista (PSOE) 81 +28 Partido Popular (PP) 102 -25 PSC-ERC-ICV-EUA 12 +4 Partido Nacionalista Vasco (PNV) 6 +0 Convergència i Unió (CiU) 4 -4 PIL 0 -1
Resultados de todos os partidos
Total do Estado, con 99,99% dos votos escrutados ás 3:42 do 15 de marzo de 2004.
Eleccións xerais españolas, 14 de marzo de 2004 Siglas Votos % Deputados PSOE 11 026 163 42,59 164 PP 9 763 144 37,71 148 CiU 835.471 3,23 10 ERC 652.196 2,52 8 EAJ/PNV 420.980 1,63 7 IU 1 284 081 4,96 5 CC 235.221 0,91 3 BNG 208.688 0,81 2 CHA 94.252 0,36 1 EA 80.905 0,31 1 Na-Bai 61.045 0,24 1 PARTIDO ANDALUCISTA (PA) 181.261 0,71 0 BLOC NACIONALISTA VALENCIA-ESQUERRA VERDA (BLOC-EV) 40.645 0,16 0 PSM-ENTESA NACIONALISTA,ESQUERRA UNIDA,E.VERDE (ERCPSM-EN,EU,EV,ER) 40.179 0,16 0 CIUDADANOS EN BLANCO (CENB) 39.877 0,16 0 ARALAR-ZUTIK 38.319 0,15 - LOS VERDES-ECOPACIFISTAS (LV-E) 36.789 0,14 - PARTIDO ARAGONES (PAR) 36.274 0,14 - CENTRO DEMOCRATICO Y SOCIAL (CDS) 33.467 0,13 -
Galicia
A CoruñaLugoOurensePontevedra
2004 Categoría:2004