O 22 de marzo é o 81º día do ano do calendario gregoriano e o 82º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1895 - Os irmáns Lumière proxectan o primeiro filme que se realizou no mundo: A saída dos obreiros da fábrica Lumiére. 1945 - Fundación da Liga Árabe 1963 - Edítase en Inglaterra o disco Please Please Me, o primeiro álbum gravado polos Beatles. 1986 - Un grupo de membros do INTG deixa este comité para constituír o Colectivo Comunista. 2001 - O encoro de Portodemouros acolle a Copa do Rei de remo. 2003 - A Coordinadora Galega pola Paz convoca manifestacións de rexeitamento á guerra de Iraq.
Nacementos miniatura|100px|Marcel Marceau. 1459 - Maximiliano I de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. 1599 - Anton van Dyck pintor flamengo especialmente dedicado á elaboración de retratos (m.1641) 1799 - Friedrich Wilhelm Argelander, astrónomo prusiano (m. 1875). 1805 - Benito Soto, pirata galego. 1868 - Robert Andrews Millikan, físico estadounidense. 1868 - Celestino Poza Cobas, médico e político galego. 1906 - George L. Trager, lingüista americano (m. 1992). 1923 - Marcel Marceau, mimo francés. 1929 - Yayoi Kusama, artista e escritora xaponesa. 1931 - Burton Richter, físico estadounidense. 1932 - Nicanor Rielo Carballo, sacerdote e escritor galego (m. 2000) 1948 - Andrew Lloyd Webber, compositor británico. 1949 - John Benjamin Toshack, futbolista e adestrador de fútbol galés. 1950 - Xosé Carlos Sierra Rodríguez, historiador galego. 1950 - Goran Bregović, músico e compositor iugoslavo. 1955 - Valdis Zatlers, médico e político letón. 1958 - Valentín Carrera González, xornalista e escritor galego. 1960 - Julián Gorospe, ciclista español. 1971 - Pili Pampín, cantante galega. 1980 - Begoña Fernández Molinos, xogadora galega de balonmán. 1988 - Tania Raymonde, actriz estadounidense. 1990 - Leticia Costas-Moreira, tenista galega.
Mortes miniatura|100px|Goethe. 1090 - García II, rei de Galiza, preso no castelo leonés de Luna 1832 - Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán. 1863 - Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego (n. 1811).
1937 - Alejandra Murguía, debuxante galega. 1950 - Emmanuel Mounier, filósofo cristián francés. 1960 - José Antonio Aguirre, primeiro lehendakari de Euskadi. 1976 - Atilio Santillán, sindicalista arxentino (n. 1935). 2005 - Clemente Domínguez, autoproclamado Papa en El Palmar de Troya (Sevilla) (n. 1946). 2013 - Bebo Valdés, músico de jazz cubano (n. 1918).
Festas e celebracións Día Mundial da Auga. A data foi escollida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 22 de decembro de 1992, recomendando a tódolos Estados membros a celebrar nesa data actividades de fomento e divulgación relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos e á posta en marcha das recomendacións da Axenda 21.
Notas
Outros Os 366 días do ano
Categoría:Marzo