Cross River é un estado do sueste da República Federal de Nixeria, que fai fronteira con Camerún. A súa capital é a cidade de Calabar. O estado foi creado o 27 de maio de 1967, a partir do antigo estado do Sueste, aínda que ten o nome actual desde 1976. Ten unha superficie de 20.156 km² e unha poboación que se cifra en 3 228 182 persoas (2007).

Áreas de goberno local O estado de Cross River divídese en 18 áreas de goberno local:

Abi Akamkpa Akpabuyo Bakassi Bekwarra Biase Boki Calabar Calabar South Etung Ikom Obanliku Obubra Obudu Odukpani Ogoja Yakuur Yala

Véxase tamén

Ligazón externa Páxina do Goberno do Estado de Cross River

Categoría:Estados de Nixeria