A N-acetilglicosamina (GlcNAc ou NAG), é un derivado acetilado do aminoazucre D-glicosamina que, á súa vez, é un derivado da glicosa. Quimicamente, a N-acetilglicosamina é un aminoazucre no cal o grupo amino situado no carbono 2 está acetilado por incorporación dun grupo (-CO-CH3) PubChem compound N-acetylglucosamineChemSpider N-acetyl-b-D-glucosamine.
Importancia biolóxica 150px|miniatura|esquerda|N-Acetilglicosamina. Clave: glicosa, amino, acetilo
A N-acetilglicosamina adoita atoparse polimerizada formando polisacáridos, principalmente de carácter estrutural. Algunhas das moléculas das que forma parte son:
A quitina, un polisacárido composto por unidades de N-acetilglicosamina, que forma parte do exoesqueleto dos artrópodos e da parede celular dos fungos. O peptidoglicano, un heteropolisacárido compoñente da parede celular bacteriana, onde está unida ao ácido N-acetilmurámico. Os glicosaminoglicanos, como o ácido hialurónico do tecido conxuntivo ou o queratán sulfato, heparán sulfato. Algúns glicoesfingolípidos. Neles a N-acetilglicosamina está unida ao hidroxilo 1 da esfingosina. Forman parte da membrana plasmática. Igual que outros glicolípidos de membrana, a N-acetilglicosamina intervén no recoñecemento celular, a adhesión celular e na recepción de sinais químicos. Algunhas glicoproteínas, tamén compoñentes das membranas celulares, conteñen N-acetilglicosamina unida ao grupo amino da asparaxina. Os grupos sanguíneos están en parte determinados por este e outros glícidosDevlin, T. M. 2004. Bioquímica, 4ª edición. Reverté, Barcelona. ISBN 84-291-7208-4
A N-acetilglicosamina foi proposta para o tratamento de enfermidades autoinmunes.http://www.sciencedaily.com/releases/2011/09/110930123057.htm
Notas
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos