Avelino Luis de Francisco Martínez, nado en Cortegada en 1946, é un comisario e político galego.
Traxectoria Foi comisario da Policía Nacional e Xefe superior de Policía de Galicia. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cortegada e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser cabeza de lista do PSdeG e volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta.
En xaneiro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo PPdeG para se-lo seu candidato nas municipais de 2015. Xustificou a súa unión á formación conservadora polos investimentos Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, en mans do PP. En xaneiro de 2015 pasou con gran parte do seu equipo (catro de seis concelleiros) ao grupo non adscrito, mentres que un membro do seu equipo quedaba como único representante do PSdeG. Finalmente revalidou a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta e á fronte do PPdeG nas municipais de 2019 e 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cortegada
Ligazóns externas Noticia en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Cortegada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes