As humanas proporcións é un libro de 12 relatos curtos, escrito por Xesús Constela no ano 2003.

Características miniatura|Detalle do cadro O matrimonio Arnolfini, empregado para ilustrar a portada do libro. As humanas proporcións configura unha proposta literaria que procura desmontar convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal. Os seus relatos están escritos con técnicas diversas. O libro descobre unha dimensión nova do mundo cotián percorrendo todas as facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo vivo cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.

Relatos que o compoñen "As lembranzas todas" "Non escoites a Giovanna" "Celia e o príncipe" "Onde estás, meu amor, Sangare?" "Lily" "Algarismos" "Burbulla" "Geographos" "A sementadora de estrelas" "Son unha raia" "Tiñádelo que ver" "Na fraga"

Premios Premio Torrente Ballester, 2003 Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios 2004

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da obra na páxina de Editorial Galaxia As humanas proporcións en Google Books

Categoría:Obras literarias de 2003 Categoría:Novelas en galego Categoría:Xesús Constela