Antonio Pensado Plágaro, nado en Coristanco o 23 de agosto de 1956, é un político galego do PPdeG exalcalde de Coristanco.
Traxectoria
Funcionario da Cámara Agraria. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Coristanco pola CPG do alcalde Manuel Remuiñán Cancela. Tralo apoio do alcalde á moción de censura do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña en xuño de 1989, el e outros 3 edís da CPG mostráronse en contra e constituíron o comité local do PPdeG, ante o cal foron expulsados do gobernoNova en La Voz de Galicia ed. Carballo, 29-9-1989 p. 27.. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Coristanco, mentres que Remuiñán encabezou a lista do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde con maioría simple e gobernando nun primeiro lugar co independente Bautista García Rama, para logo cambialo apoio deste en 1993 polo do outro independente Bautista Fernández Gómez, que se había afiliado ao PPdeG. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións con maioría absoluta, ata que no ano 2015 perde a maioría absoluta e a alcaldía en favor do candidato de Terra Galega Amancio Lavandeira, que contou co apoio do BNG e do PSdeG.
Defensor da implantación do proxecto da Mina de Corcoesto, chegou a viaxar a Bruxelas xunto a directivos da compañía canadense Edgewater Exploration para sacala adiante. O 18 de xuño de 2014 foi imputado por supostos delitos de malversación de fondos públicos, prevaricación e abuso de influenciasO alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicosImputado el alcalde de Coristanco por malversación y prevaricación, no marco da investigación da Operación PatacaA concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza #OperaciónPataca e tras rexistros da Policia Xudicial e Garda Civil no Concello coristanqués.La Guardia Civil registra el Ayuntamiento coruñés de CoristancoAgentes de Guardia Civil realizan un registro en el Concello de CoristancoConcluye el registro en el Concello de Coristanco después de diez horasLa Guardia Civil registra el Concello de CoristancoRegistros en el Ayuntamiento de Coristanco y en un grupo de empresas
En agosto de 2017 apoia xunto con todo o grupo do PPdeG unha moción de censura contra Amancio Lavandeira, a cal fixo alcalde ao edil socialista Abraham Gerpe que foi expulsado do seu partido por esta operación, mentres que os edís populares tamén abandonaron o seu partido, polo que constituíron un goberno independente co novo alcalde. Porén, apenas un ano despois abandona o goberno e nun principio regresa á disciplina do PPdeG, asistindo á proclamación do novo candidato popular, Juan García Pose, en setembro de 2018. Finalmente opta por encabezar un partido independente, a Agrupación Local de Veciños de Coristanco, coa cal concorre nas municipais de 2019, logrando tan só 2 concelleiros e sendo a terceira forza por detrás de PPdeG e Terra Galega, polo que se situou na oposición. En xaneiro de 2022 foi condenado por prevaricación, ante o cal dimitiu como concelleiro no mes de xuñoLa renuncia como concejal pone el punto y final a una carrera política de más de 30 años de Antonio Pensado Plágaro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Coristanco Ligazóns externas «A clave está en reducir custos porque a calidade da pataca de Coristanco xa está demostrada», entrevista de Juan Ventura Lado en La Voz de Galicia, 16 de setembro de 2007.
Categoría:Alcaldes de Coristanco Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Coristanco Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes