Shakespeare destilado é unha novela de Xesús Constela publicada en 2008, por Editorial Galaxia.

Concibida coma o longo monólogo dun home bébedo, acadou no ano 2008 o Premio Manuel García Barros, organizado polo Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Pontevedra.

Descrición

Na novela o autor manexa a linguaxe coloquial, co seu ritmo ás veces sincopado, as súas reviravoltas e o seu sentido do humor, para narrar a historia de Willy, un personaxe que teima en construír a maqueta dunha cidade dentro do piso onde vive enclaustrado e onde se estimula a base de gin tonics e lecturas dos Sonetos de Shakespeare.

O contraste -contrapuntístico e musical- entre a linguaxe informal do monólogo e as alusións á literatura, a mestura entre o delirio etílico e o delirio literario, entre o sublime da alta literatura dos sonetos e a vida ruín e desleixada do protagonista, acada enorme forza narrativa, crea un efecto burlesco que cuestiona o status da ficción, a verosimilitude e mesmo o papel do autor como creador todopoderoso.

A historia de Willy é a historia da construción da maqueta, que a personaxe vai erguendo casa a casa e rúa a rúa ata que a cidade enteira e os seus habitantes cobran vida.

Metáfora burlesca da literatura, Shakespeare destilado é unha novela que procura a diversión do lector, que aproveita o relato para reflexionar sobre o poder da literatura, sobre todo como gozar dela sen perder a liberdade.

Traducións Ao castelán por Iolanda Mato Creo co título de Shakespeare destilado publicado en 2013 por Pulp BooksFicha en BiTraGa.. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Editorial Galaxia Shakespeare destilado en Google Books

Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Novelas en galego Categoría:Xesús Constela Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Obras gañadoras do Premio García Barros