Tristana María Moraleja Gómez, nada en 1971 en Lugo, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria Licenciada en Económicas pola Universidade de Alcalá, ten un mestrado en Administración financeira tributaria pola Universidade da Coruña. Comezou a traballar na Xunta de Galicia en 1999, onde ocupou postos relevantes nas consellerías de Familia, Economía e Facenda, Asuntos Sociais, Política Territorial ou Traballo. En 2000 pasou a traballar no departamento económico-financeiro do Porto da Coruña, ata que en 2003 aprobou as oposicións do grupo A e volveu á administración autonómica. En 2009 foi designada xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña. En 2011 presentouse ás eleccións locais no concello de Oleiros en postos do remate da lista, e uns meses máis tarde foi escollida nos postos de saída da lista do Partido Popular nas Eleccións ao Congreso dos Deputados, por onde resultou elixida.
Foi candidata á alcaldía de Oleiros nas eleccións municipais de 2015. Repetiu nas listas do PP ao Congreso pola Coruña, de número 2, nas Eleccións xerais de abril e nas de novembro de 2019.
Vida persoal Vive en Perillo, Oleiros.Foto de Tristana Moraleja votando, perfil de Facebook, 20/11/2011.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Alcalá Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)