Roberto Álvarez Fernández, nado en Gozón (Asturias) o 25 de abril de 1955 e finado neste mesmo municipio o 16 de agosto de 2019, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Operador de control de INESPAL, trasladouse a Cervo para traballar na fábrica desta empresa en San Cibrao. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cervo e foi portavoz do grupo na oposición. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde ó obter maioría simple, gobernando en minoría. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nese mandato produciuse o proceso de segregación de Burela do concello de Cervo, o cal culminou en decembro de 1994.
Foi deputado no Congreso na V Lexislatura (1993-1996), dende febreiro de 1995 ata xaneiro de 1996, substituíndo ao xurista Ventura Pérez Mariño. Nas municipais de 1995 volveu a ser reelixido alcalde con maioría absoluta.
En 1999 foi superado por un estreito marxe polo PPdeG, se ben tiña a opción de conserva-la alcaldía co apoio dos 2 concelleiros do BNG. Porén, a negativa dun deles a apoiala súa continuidade supuxo que os populares asumisen a alcaldía como lista máis votada. En 2003 foi denunciado por malversación de fondos públicos e prevaricación polo PPdeG, pero foi exculpado pola Audiencia de Lugo en 2007La Audiencia de Lugo exculpa de todos los delitos al socialista de Gozón Roberto Álvarez. Tras deixa-la política activa, reincorporouse ao seu posto en Alcoa-San Cibrao como operador de control.
Dende 2004 ata o seu falecemento en 2019 residiu en Gozón, onde participou na vida da agrupación local do Partido Socialista nese municipio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cervo
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Alcaldes de Cervo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Gozón
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes