"Sunday Sunday" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como derradeiro sinxelo do seu álbum Modern Life Is Rubbish o 4 de outubro de 1993. Acadou o número 26 na lista británica de sinxelos, sendo esta a posición máis alta conseguida polos sinxelos dese álbum. Curiosamente, o nome orixinal da banda, "Seymour", está acreditado como artista invitado.
O tema trata das tradicionais actividades británicas do domingo, como facer un asado dominical, visitar a familia ou camiñar polo parque.
Listaxe de cancións 7" "Sunday Sunday" "Tell Me, Tell Me" - con Seymour
CD1 "Sunday Sunday" "Dizzy" - con Seymour "Fried" - con Seymour "Shimmer" - con Seymour
CD2 "Sunday Sunday" "Daisy Bell" "Let's All Go Down The Strand"
12" "Sunday Sunday" "Long Legged" - con Seymour "Mixed Up" - con Seymour
Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Blur