A.I. Artificial Intelligence é un filme estadounidense dirixido, producido e guionizado por Steven Spielberg. Baséase na historia Super-Toys Last All Summer Long de Brian Aldiss.

Sinopse Nun mundo futurista, os seres humanos conviven con sofisticados robots denominados Mecas. A emoción é a derradeira fronteira entre homes e máquinas. Pero, cando un neno-robot chamado David é programado para amar, os homes non están preparados para as consecuencias que isto supón. David atópase só nun estraño e perigoso mundo, buscando que o amor que lle profesa á súa nai adoptiva sexa correspondido.

Personaxes Haley Joel Osment como David, un innovador Androide creado por Cybertronics e programado coa habilidade de amar. Frances O'Connor como Monica Swinton, nai adoptiva de David. Jude Law como Gigolo Joe, un androide prostituto programado para amar, como David, pero dun xeito diferente. Sam Robards como Henry Swinton, un empregado de Cybertronics e marido de Monica. Jake Thomas como Martin Swinton, o fillo real de Henry e Monica. William Hurt como Profesor Allen Hobby, o responsable do deseño e a creación de David. Brendan Gleeson como Lord Johnson-Johnson, o propietario e mestre de cerimonias do Flesh Fair. Voces Jack Angel como Teddy, o oso de peluche robótico de David. Ben Kingsley como narrador e o líder dos androides do futuro. Robin Williams como Dr. Know, unha máquina holográfica de respostas. (Cameo) Meryl Streep como Fada azul. (Cameo) Chris Rock como o androide asasinado no Flesh Fair. (Cameo)

Galardóns e nomeamentos 2001: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal e efectos visuais. 2001: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor director, bso e actor secundario (Jude Law). 2001: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais. 2001: Festival de Venecia: Premio Future Film Festival Digital (fóra de concurso).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey