miniatura|dereita|Ilustración do século XV que representa un escribán na súa mesa de traballo. Fernã Martis, Fernã Martiis ou Fernán Martíns, foi un escribán galego do século XIV, capelán de Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen lle encargou a tradución ao galego do Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure. Tal tradución é coñecida como a Crónica troiana.

Traxectoria Descoñécese o seu lugar de nacemento, aínda que probabelmente fose A Coruña. Esta afirmación baséase na existencia de documentos da época, sobre todo relacionados coa administración do concello da Coruña, nos que, con relativa frecuencia, aparece o apelido Martís ou Martiis desenvolvendo tarefas administrativas importantes. Ademais, desde finais de 1371, Fernán Pérez, O Boo, o seu señor, gobernaba a cidade da Coruña.

Porén, o tema dos apelidos medievais hai que tomalo con cautela polos cambios constantes que sufrían. Tendo en conta isto, Fernán Martíns ben podería ser da comarca eumesa por apareceren grafías Martiz e Martiis en documentos da época relativos a Pontedeume e comarca.

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre Fernán Martís no caderno nº1 do Ateneo Eumés.

Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia