A Universidade Internacional de Cataluña (en catalán: Universitat Internacional de Catalunya), coñecida polo acrónimo UIC, é unha universidade privada con sede en Barcelona, Cataluña (España). Ten dous campus, un en Barcelona e outro en Sant Cugat del Vallès. Conta na actualidade con máis de 4.500 alumnos nas 19 titulacións oficiais que ofrece. A taxa de inserción laboral das súas egresados é do 95%, segundo estatísticas oficiais de 2011, a maior porcentaxe do sistema universitario catalán.
O seu ideario está baseado no humanismo cristián, e ofrece atención pastoral a través do Servizo de Capellanía, que está encomendado á Prelatura do Opus Dei.
Historia A UIC foi fundada en 1997, e recoñecida polo Parlamento de Cataluña pola Lei 11/1997, de 1 de outubro.
Reitores 2010- Pere Alavedra Ribot 2001-2010 Josep Argemí Renom 1997-2001 Jordi Cervós Navarro
Centros docentes Escola Superior de Arquitectura (ESARQ) Facultade de Ciencias Económicas e Sociais Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde Facultade de Odontoloxía Facultade de Ciencias Xurídicas e Políticas Facultade de Ciencias da Comunicación Facultade de Humanidades Facultade de Educación
A universidade dispón ademais dunha Clínica Universitaria de Odontoloxía (CUO), aberta ao público.
Véxase tamén Ligazónse externas Sitio web oficial