miniatura|dereita|250px|O ácido araquidónico do corpo normalmente procede de fontes animais da dieta, como carnes, ovos, produtos lácteos; ou é sintetizado no corpo a partir do ácido linoleico. dereita|miniatura|420px miniatura|dereita|Síntese do ácido araquidónico a partir do ácido linoleico. miniatura|320px|Síntese dos eicosanoides. O ácido araquidónico (AA, ou ARA) é un ácido graxo poliinsaturado omega-6 de 20 átomos de carbono PubChem compound Arachidonic acid. É o homólogo do ácido saturado ácido araquídico, que se encontra no aceite de cacahuete, (Arachis hypogaea), de onde lle vén o nome a ambos. É líquido a temperatura ambiental normal, xa que o seu punto de fusión é de -49 °C.
Química En canto á súa estrutura químca, o ácido araquidónico é un ácido carboxílico de 20 carbonos poliinsaturado con catro dobres enlaces situados nos carbonos 5, 8, 11 e 14, todos eles cis ChemSpider Arachidonic acid. Como o primeiro dobre enlace está no sexto carbono empezando polo final da cadea, é un ácido graxo omega-6 ou n-6. Considérase un ácido graxo insaturado de cadea longa.
Nalgunhas fontes químicas utilízase o termo "ácido araquidónico" para designar a calquera dos ácidos eicosatetraenoicos. Pero, polo contrario, case todos as publicacións de bioloxía, medicina e nutrición limitan ese termo ao ácido todo-cis-5,8,11,14-eicosatetraenoico.
Bioloxía O ácido araquidónico é un dos ácidos graxos poliinsaturados presente nos fosfolípidos (especialmente fosfatidiletanolamina, fosfatidilcolina, e nos fosfatidilinosítidos) das membranas celulares, e abunda no cerebro, músculos, e fígado.
Ademais de intervir na sinalización celular como un lípido segundo mensaxeiro implicado na regulación de encimas de sinalización, como a PLC-γ, PLC-δ, e PKC-α, -β, e -γ, o ácido araquidónico é tamén un intermediato inflamatorio fundamental e pode actuar como vasodilatador. Véxanse as rutas biosintéticas de formación de eicosanoides, que se describen nunha sección máis abaixo.
Relación cos ácidos graxos esenciais
O ácido araquidónico non é un ácido graxo esencial, xa que se pode sintetizar a partir do ácido linoleico, que si é esencial. Aínda así, pode chegar a ser esencial para o organismo se hai deficiencia de ácido linoleico ou se non se ten a capacidade de converter o ácido linoleico en ácido araquidónico, que é requirido pola maioría dos mamíferos. Algúns mamíferos non teñen a capacidade (ou téñena moi limitada) de converter o ácido linoleico en ácido araquidónico, polo que para eles é un compoñente esencial da súa dieta. Como nas plantas comúns hai pouco ou ningún ácido araquidónico, ditos animais son carnívoros obrigados; sendo un exemplo o gato. Porén, unha fonte comercial de ácido araquidónico é o fungo Mortierella alpina.History of Martek , Martek.com
Síntese e fervenza O ácido araquidónico sintetízase a partir do ácido linoleico, que ten dous carbonos menos e dous dobres enlaces menos, polo que deben eliminarse varios hidróxenos e unha elongase debe engadir dous carbonos. O ácido araquidónico pasa a formar parte das moléculas de moitos fosfolípidos.
O ácido araquidónico é liberado das moléculas de fosfolípidos dos que forma parte polo encima fosfolipase A2 (PLA2), a cal escinde os ácidos graxos do fosfolípido, pero pode tamén xerarse na escisión dun diacilglicérido pola diacilglicerol lipase.
O ácido araquidónico xerado como sinalizador celular parece derivar da acción da fosfolipase A2 citosólica específica da fosfatidilcolina (cPLA2, de 85 kDa), entanto que o ácido araquidónico con funcións inflamatorias xérase pola acción dunha PLA2 secretoria de baixo peso molecular (sPLA2, de 14-18 kDa).
O ácido araquidónico é un precursor na produción de eicosanoides: Os encimas ciclooxixenase e peroxidase orixinan prostaglandina H2, a cal á súa vez se utiliza para producir as prostaglandinas, prostaciclinas, e tromboxanos. O encima 5-lipoxixenase orixina o 5-HPETE, o cal á súa vez se utiliza para producir os leucotrienos. O ácido araquidónico tamén intervén na biosíntese de anandamida. Algunhas moléculas de ácido araquidónico convértense en ácidos hidroxieicosatetraenoicos (HETEs) e ácidos epoxieicosatrienoicos (EETs) por acción da epoxixenase.
A produción destes derivados e a súa acción no corpo coñécense en conxunto como a fervenza do ácido araquidónico, que é importante nas interaccións entre os ácidos graxos esenciais.
Activación da fosfolipase A2 A PLA2, é activada pola unión dun ligando a receptores, entre os que están: os receptores 5-HT2 receptor 1 metabotrópico do glutamato (mGLUR1) receptor do factor de crecemento dos fibroblastos básico (bFGF) receptor do interferón-alfa receptor do interferón-gamma
Ademais, calquera axente que incremente o calcio intracelular pode causar a activación dalgunhas formas de PLA2.
Activación da fosfolipase C O ácido araquidónico pode ser tamén escindido dos fosfolípidos pola fosfolipase C (PLC), rendendo diacilglicéridos (DAG), que son seguidamente escindidos pola DAG lipase orixinando ácido araquidónico.
Os receptores que activan esta vía metabólica son: receptor A1 receptor D2 receptor adrenérxico alfa-2 receptor 5-HT1
A PLC pode tamén ser activada pola MAP quinase. Entre os activadores desta vía están o factor de crecemento derivado das plaquetas (PDGF) e o factor de crecemento de fibroblastos (FGF).
O ácido araquidónico no organismo Cerebro O ácido araquidónico é un dos ácidos graxos máis abundantes no cerebro, e está presente en cantidades similares ás do ácido docosahexaenoico (DHA). Entre os dous supoñen aproximadamente o 20% do contido en ácidos graxos do cerebro. Xunto co ácido docosahexaenoico, o ácido araquidónico é necesario para a saúde neurolóxica. O ácido araquidónico axuda a manter a fluidez das membranas celulares do hipocampo,Fukaya, T.; Gondaira, T.; Kashiyae, Y.; Kotani, S.; Ishikura, Y.; Fujikawa, S.; Kiso, Y.; Sakakibara, M. (2007). "Arachidonic acid preserves hippocampal neuron membrane fluidity in senescent rats". Neurobiology of aging 28 (8): 1179–1186. doi:10.1016/j.neurobiolaging.2006.05.023. PMID 16790296. axuda a protexer o cerebro do estrés oxidativo activando o receptor activado polo proliferador do peroxisoma gamma , e activa a sintaxina-3 (STX-3), unha proteína implicada no crecemento e reparación das neuronas.
Nos adultos a alteración do metabolismo do ácido araquidónico pode estar asociado a trastornos neurolóxicos como a enfermidade de Alzheimer e o trastorno bipolar, nos que poden estar implicadas significativas alteracións na conversión do ácido araquidónico a outras moléculas bioactivas (sobreexpresión ou alteracións na cascada encimática do ácido araquidónico). Algúns estudos indican que o consumo de ácido araquidónico non está asociado co comezo do Alzheimer e que a suplementación nas fases iniciais podería ser beneficiosa, aínda que son necesarios máis estudos.
Crecemento muscular Por medio da súa conversiñon en compoñentes activos como a prostaglandina PGF2alfa, o ácido araquidónico é necesario para a reparación e crecemento do músculo esquelético. Esta función fai do ácido araquidónico un compoñente dietario importante para axudar ao proceso anabólico do músculo.
O ácido araquidónico comercialízase como un suplemento que favorece o anabolismo muscular nos culturistas. Os estudos preliminares mostran unha mellora coa suplementación nas características musculares, e unha redución no repouso dos niveis de IL-6 (un regulador central da inflamación). Pero son necesarios máis estudos.
Inflamación Nas condicións metabólicas normais, o incremento do consumo de ácido araquidónico na dieta é improbable que orixine un aumento da inflamación. O ácido araquidónico metabolízase orixinando tanto moléculas proinflamatorias coma antiinflamatorias. Estudos nos que se daban entre 840 mg e 2.000 mg diarios a individuos sans durante 50 días non mostraron ningún incremento na inflamación ou actividades metabólicas relacionadas.Changes in whole blood and clinical safety markers over 50 days of concomitant arachidonic acid supplementation and resistance training. Wilborn, C, M Roberts, C Kerksick, M Iosia, L Taylor, B Campbell, T Harvey, R Wilson, M. Greenwood, D Willoughby and R Kreider. Proceedings of the International Society of Sports Nutrition (ISSN) Conference June 15–17, 2006. http://arachidonic.com/ARA-baylorsafety.pdf Un incremento dos niveis de ácido araquidónico está asociado con niveis reducidos das substancias proinflamatorias IL-6 e IL-1, e o incremento do antiinflamatorio factor beta da necrose tumoral. Isto pode dar lugar a unha redución da inflamación sistémica.
O ácido araquidónico xoga un papel central na inflamación relacionada con feridas e moitas enfermidades. O modo en que sexa metabolizado no corpo determina a súa actividade inflamatoria ou antiinflamatoria. As persoas que sofren de dores articulares ou enfermidades inflamatorias activas poden ver exacerbados os síntomas ao incrementaren o consumo de ácido araquidónico, o que se cre que se debe a que é convertido máis rapidamente en compostos inflamatorios. Igualmente, non se aconsella un consumo elevado de ácido araquidónico a persoas que teñan un historial de enfermidades inflamatorias, ou que teñan problemas serios de saúde. Nas persoas sas a suplementación con ácido araquidónico non ten efectos proinflamatorios, pero podería contrarrestar os efectos antiinflamatorios dos ácidos omega-3.
Efectos sobre a saúde da suplementación con ácido araquidónico A suplementación con ácido araquidónico a doses de 1.000-1.500 mg diarias durante 50 días foi ben tolerada en varios estudos clínicos, sen que se informase de efectos secundarios significativos. Todos os indicadores de saúde, incluídos a función renal e hepática, lípidos séricos, inmunidade, e agregación plaquetaria non se viron afectados a esta dose e período de duración. Ademais, maiores concentracións de ácido araquidónico no tecido muscular poden estar correlacionadas cun aumento da sensibilidade á insulina. A suplementación con ácido araquidónico nos adultos sans parece non ter toxicidade nin riscos significativos.
Un consello científico da American Heart Association evaluou positivamente o impacto na saúde da suplementación con graxas omega-6 da dieta, incluído o ácido araquidónico. O ácido araquidónico da dieta non é un factor de risco para as enfermidacdes cardíacas, e pode ter un papel no mantemento do metabolismo óptimo e reducir os riscos de problemas cardíacos. Recomendan manter un consumo suficiente de ácidos graxos esenciais omega-3 e omega-6 para ter unha boa saúde.
O ácido araquidónico non é canceríxeno, e os estudos mostran que os niveis consumidos na dieta non están asociados cun incremento no risco do cancro. Porén, o ácido araquidónico é un metabolito central nos procesos inflamatorios e de crecemento celular, os cales se ven alterados en moitos tipos de enfermidades, incluíndo o cáncer. Por tanto, a seguridade da suplementación con ácido araquidónico en pacientes de cáncer, enfermidades inflamatorias, ou outras doenzas non se coñece, polo que nestes casos a suplementación non se recomenda.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eicosanoides Ácidos graxos poliinsaturados Aspirina. Inhibe o encima ciclooxixenase e impide a formación de eicosanoides a partir do ácido araquidónico.
Ligazóns externas Arachidonic Acid en acnp.org
Categoría:Ácidos graxos Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Eicosanoides