Wǔxiá (tamén Wu Xia) (en Mandarín IPA: ; Cantonés: mów hàb), co significado literal de "cabaleiros das artes marciais" ou "heroes das artes marciales", en chinés, é un xénero distintivo da literatura, a televisión e o cinema chineses.
O xénero wuxia é específico da cultura da China, porque é unha mestura única da filosofía das artes marciais, chamada xia (俠) desenvolta ó longo dos séculos e a longa historia do país en wushu. No Xapón, a tradición do bushido entre os samurai comparte certos aspectos coa filosofía marcial chinesa do xia. Aínda que o concepto de xia adoita traducirse como "cabalería", os aspectos do xia están tan arraigados no contorno social e cultural da antiga China que é imposíbel atopar unha tradución exacta no mundo occidental.
Filmes destacados Entre os filmes wuxia que destacaron pola súa acollida fóra de Asia atópanse:
Wò hǔ cáng lóng (2000) — a estrea do xénero en Hollywood. Heroe (2002) — outro éxito internacional de recadación. A casa das dagas voadoras (2004). Man cheng jin dai huang jin jia (《满城尽带黄金甲》2006) — Un filme de Zhang Yimou; Protagonizada por Gong Li e Chow Yun-fat Yè Yàn (《夜宴》2006) — Un filme de Feng Xiaogang; Protagonizada por Zhang Ziyi e Daniel Wu
Véxase tamén Outros artigos Artes marciais Kung fu Qigong Shaolin Wushu Ma Boyong
Ligazóns externas Introduction to the Wuxia genre Wuxiapedia: translations of popular Wuxia novels
Categoría:Xéneros literarios Categoría:Xéneros televisivos Categoría:Xéneros cinematográficos