Para o artigo sobre o nome propio, véxase Abril (nome).
miniatura|Abril ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Abril é o cuarto mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días.
Acontecementos en abril 25 de abril: día da Revolução dos Cravos en Portugal, cando se conmemora a caída da ditadura de Salazar en 1974.
Festas e celebracións O segundo ou terceiro sábado de abril, segundo o decida a organización do evento, celébrase o Día Mundial das Tendas de Discos.La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la Escuela, 8.04.2026. O último sábado de abril celébrase o Día Mundial do Veterinario O último domingo de abril celébrase o Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído.
Abril na cultura popular
A abella e a ovella en abril deixan a pelexa. A auga de abril enche o carro e o carril. A liñaza por San Marco nin nada, nin no saco. A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
Notas
Categoría:Meses