Manuel Fontoira Peón, nado en Pontevedra o 30 de xullo de 1907 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1986, foi un médico e político galego.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, logo marchou completar os seus estudos, doutorarse e especializarse en pediatría na Universidade Central de Madrid. Ao remate da súa formación regresou a Pontevedra onde exerceu a medicina, e onde chegaría a fundar o Sanatorio Santa María.
Xa durante o franquismo, foi deputado provincial en Pontevedra, e vicepresidente (1942-1948) e logo presidente (1948-1951) da deputación de Pontevedra e en calidade dese posto presidiu o padroado do Museo Provincial de Pontevedra. Tamén foi procurador en Cortes.
Membro fundador da Sociedade de Pediatría de Galicia e o seu presidente. Finou en Pontevedra o 18 de maio de 1986.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-5-1986, p. 58.
Vida persoal
Foi pai de Lydia Fontoira, do pediatra e político Manuel Fontoira Surís e do arquitecto Rafael Fontoira Surís. Notas
Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes