Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.
Traxectoria Viviu durante a súa infancia e mocidade en Espinosa de los Monteros, Astorga, Xixón, A Coruña e Pontevedra.. Toma o seu nome literario da aldea de Xubín (Oleiros), a casa de súa nai.
Estudou nos Salesianos da Coruña e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras licenciarse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, viviu en Bilbao e Gasteiz para aprender éuscaro. Realizou diversas traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro.
Fixo un mestrado en Política lingüística e planificación da lingua galega e traballou como tradutor, profesor e investigador. Entre 2009 e 2012 foi lector de galego no Colexio Universitario de Cork, onde traballou baixo a dirección do poeta noiés Martín Veiga. No ano 2014 comezou a escribir a súa tese de doutoramento centrada nas relacións entre literatura e gastronomía.
Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En 2011 obtivo o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida. Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe Temps Obert 11.1. É membro das Redes Escarlata. A súa obra está profundamente marcada polas viaxes, as linguas, o deporte e a gastronomía, unhas realidades que se entretecen ao longo da súa produción e que axudan a caracterizar a súa obra (poética, narrativa e ensaística) como un macrotexto. Publicou varios poemas no nº 223 (2019) da revista Grial.
En 2024 foi o gañador do III AROD Intercambio Poético Galicia-Irlanda en residencia para pasar o mes de setembro entre artistas, en The Tyrone Guthrie Centre Annaghmakerrig, en plena campiña irlandesa, grazas ao impulso da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Como deportista afeccionado, xogou ao rugby no Mareantes de Pontevedra, no Bandon RFC e no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco"Blog "Melé a cinco", de Isaac Xubín e editou a revista pontevedresa O salmón oval en 2015. Tamén xogou ao fútbol gaélico, primeiro no Nemo Rangers de Cork, e máis tarde no Douglas GAA, amais da Selección Galega, coa que participou no encontro internacional Galiza-Bretaña, celebrado en Narón o 21 de xullo de 2012.
É curmán do futbolista Javier Fernández Abruñedo.
Obras miniatura|Na presentación de A cadencia da fractura, con Fran Alonso, na Libraría Paz de Pontevedra.
Poesía Con gume de folla húmida (2012). Sotelo Blanco. Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. 56 páxs. ISBN 978-8478246199.
A cadencia da fractura (2017). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-221-8. Xenealoxía dun intruso (2020). Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-445-9.
Narrativa Non hai outro camiño (2016). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-096-2. ePub: ISBN 978-84-9121-097-9. Os largos e longos campos de liño azul (2019). Galaxia. 228 páxs. ISBN 978-84-9151-302-5.
Ensaio miniatura|Presentando Xenealoxía dun intruso, Libaría Paz de PontevedraDicionario galego-euskara hiztegia. (2011). Universidade de Vigo.
Traducións Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe, 2010, Xerais. Alén da fronteira. Sete poetas vascos, 2012, Kalandraka. Pasaia blues, de Harkaitz Cano, 2013, Hugin e Munin. Eno mar cabe quant'i quer caber, 2014, Deputación de Pontevedra. Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, 2014, Kalandraka. A boca pobre, de Flann O'Brien, 2016, Rinoceronte. A orquestra terrestre, de Harkaitz Cano, 2017, Xerais. A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, 2017, Xerais. eSPedición, de Juanra Madariaga, 2017, Hugin e Munin. O xogo das cadeiras, de Uxue Alberdi, 2018, Hugin e Munin. O dono do derradeiro minuto, de Luis García Montero, 2018, Tulipa. As miñas nanas negras, de Amalia Lú Posso Figueroa, 2019, Kalandraka. Físico, de Andrew McMillan, 2019, Chan da Pólvora. Bechopoemas e outras bestas, de Leire Bilbao, 2019, Kalandraka. En las ciudades / Nas cidades / Hirietan, de Beatriz Chivite, 2020, Chan da pólvora-Papeles mínimos. 17 segundos, de Kirmen Uribe, 2021, Galaxia. Permanencia, de Castillo Suárez, 2021, Edicións Laiovento. Poemas bestas e outros bechos, de Leire Bilbao, 2021, Kalandraka. A Different Eden. Ecopoetry from Ireland and Galicia, 2021, Dedalus Press. A casa do pai, de Karmele Jaio, 2022, Editorial Hugin e Munin. Aprender a falar coas plantas, de Marta Orriols, 2022, Aira Editorial. Conto ao carón do río, de Oihane Amantegi, 2022, Rodolfo e Priscila. Unha volta ao mundo, de Joseba Sarrionandia, 2022, Kalandraka. Boulder, de Eva Baltasar, Allariz, Aira, 2023. De novo centauro, de Katixa Agirre, Aire, 2023. Pollyanna, de Eleonor Hodgman Porter, Allariz, Aira, 2023. A dama de branco, de Wilkie Collins, Allariz: Aira, 2023. Exteriores do Paraíso, de Bernardo Atxaga, Pontevedra: Faktoria K, 2023. Os estraños, de Raül Garrigasait, Allariz: Aira, 2023. Ocaso e fascinación, de Eva Baltasar, Allariz: Aira, 2026.
Obras colectivas Elementos de matemática. Premios 2002 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2002. Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora. En concreto publicou o poema "Danny Boy". 8º 42'N 9º 6º W Lisboa. Premios 2004 de relato, poesía, teatro e tradución da Universidade de Vigo, Xerais, 2004. Chateâu Bobcat. IX Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2009. Le pied de Julien DuPuy. XII Certame literario de relatos curtos Os Viadutos, Xerais, 2011. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011.* A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Premios Premio de poesía da Universidade de Vigo (2002 e 2004). Accésit de poesía da Universidade de Vigo (2006). Premio de relato curto no IX Certame de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela, por Château Bobcat (2009). Premio de relato curto no XII Certame de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela, por Le pied de Julien DuPuy (2011). Premio de tradución da Universidade de Vigo (2009). XXIV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (2011), por Con gume de folla húmida. Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido no 2012, por Alén da fronteira. Sete poetas vascos. Premio de tradución Etxepare, por Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia (2015). Premio de poesía Manuel Lueiro Rey (2017), por A cadencia da fractura. Premio da Crítica de narrativa galega (2016) por Non hai outro camiño. XXXII Certame de poesía Rosalía de Castro, 2018
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Galicia Hoxe Entrevistaen La Voz de Galicia, 14 de xullo de 2014, arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2013. Ficha de socio na AELG Perfil en As Escollas Electivas Canle de Isaac Xubín en YouTube Recitando "A presenza da traizón. O baleiro", de Xenealoxía dun intruso (31/03/2022) na Libraría Paz de Pontevedra.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1978 Categoría:Tradutores do éuscaro Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón