José Carlos Calvelo Martínez, nado en Meicende (Arteixo) en 1974, é un arquitecto e político galego do PPdeG, alcalde do concello de Arteixo desde 2011.

Traxectoria Arquitecto de profesión, foi Secretario da Asociación de Veciños de Meicende. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG en Arteixo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 repetiu como candidato e revalidou a súa maioría absoluta, pasando de 11 a 13 concelleiros de 21 posibles. Nas eleccións municipais de 2019 e 2023 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta. En todos estes mandatos foi designado deputado provincial. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arteixo

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Arteixo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes