miniatura|263x263px|Luis Vilariño, no ano 2021 no Rallye Islas Canarias do FIA ERC Luis Vilariño García nado en Palas de Rei en 1973, é un enxeñeiro industrial, empresario e piloto de rally galego, que foi campión de Galicia en 2013.
Traxectoria Ten un MBA polo Instituto de Empresa e é doutor en Enxeñaría do Medio Ambiente e profesor da Universidade da Coruña. Como empresario dirixe a empresa construtora Antalsis, e como piloto ten competido varios anos no Campionato de Galicia de Rallys .
Forma parte da organización que leva a cabo o Rally Comarca da Ulloa, proba que entrou no calendario do rexional galego no ano 2008. Participou durante moitos anos no Campionato de Galicia de Rally, principalmente coa Escudería Lalín-Deza e con varios coches, entre eles Renault Clio S1600, Fiat Grande Punto S2000 e Renault Maxi Megane, logrando varios subcampionatos (2007, 2008 e 2012). O seu copiloto habitual era Moncho López.
Finalmente en 2013 proclamouse campión de Galicia de rally despois de sumar dúas vitorias (Cocido e Narón) e subirse ao podio no resto de probas, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X e con Moncho de copiloto. Tras esta vitoria comprou o Porsche 911 GT3 dos irmáns Diego e Sergio Vallejo para disputar o Campionato de España de Rally, pero finalmente anunciou que non participaría polos problemas económicos da súa empresa. Reapareceu cun Ford Fiesta N6 no Rally San Froilán de 2017, que non logrou rematar. En 2018 inscribiuse no Campionato de España de Rallys para Vehículos Históricos cun Peugeot 309 GTi 16V, pero tamén nesta ocasión se tivo que retirar durante a proba.
En 2019, co Ford Fiesta N6 participou en varios rallys sufrindo uns cantos abandonos mais logrando gañar o Rallysprint Minero Villa de Fabero e subindo ao podio no Rally Ribeira Sacra, na súa primeira carreira co seu novo Citroën DS3 R5. Co mesmo coche quedou sexto no Rally da Coruña de 2020, proba inaugural da tempada 2020 do campionato galego. A continuación a pandemia por coronavirus paralizou todas as competicións. Estas retomáronse en xullo coa disputa do Rally de Zamudio, do campionato vasco, a onde Vilariño acudiu cun Škoda Fabia R5, rematando en quinta posición a pouco máis de dous minutos do vencedor, Iván Ares.
Con outro Fabia R5 disputou as dúas primeiras probas do Campionato de España, o 53º Rally de Ourense e o 51º Rally de Ferrol, quedando en 10ª e 9ª posición respectivamente.
Palmarés Resultados no Campionato de Galicia miniatura|Luis Vilariño no 2008 no Rally do Cocido.|264x264px Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos2005Escudería Miño-LugoRenault Clio S1600COCCONALBNARBXLBOTRDNLUG42006?Renault Clio S1600COCRetRDNALB5NARRetCONBXLLACRetLUG3BOT72007Escudería Lalín-DezaRenault Clio S1600COC2RDN4ALB2NAR3CON6LUGRetBXL2º ?Fiat Grande Punto S2000BOT32008Lalín-DezaFiat Grande Punto S2000COC3NOIA3ALBDNSNAR2SDC4CDU? 4º719Peugeot 207 S2000LUGRet2009Lalín-DezaPeugeot 207 S2000CDURetCOCRet 6º574Renault Maxi MeganeRDN5ALB3CDNRetSDCRetLUGOBL3BOT52010Lalín-DezaRenault Maxi MeganeCDU4COC4NOIARetCDNRetSUR3SFRRetOBL64º6222011Lalin-DezaMitsubishi Lancer Evo XSUR5CDU1SDC2SDG26º8192012Lalín-DezaMitsubishi Lancer Evo X COCRetRDN4CDU2CDN1SDC4LAC3RBS3BOT2 2º 11822013Lalín-DezaMitsubishi Lancer Evo X SDG2RDC1RDN3ULL2CDN1SDC2LUG3RBS2BOT1º 13582017Lalín-DezaFord Fiesta N6CORCOCRDNCDNSDCRBSLUGRet2019Lalín-DezaFord Fiesta N6CORRetRDNRetRBX7CDNRetSDCRetBOTRet18º241Citroën DS3 R5RBS3LUGRetMAL
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Antalsis Resultados de Luis Vilariño .
Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1973