O Campionato Brasileiro de Serie A (popularmente tamén chamado Brasileirão) é a primeira división da liga de fútbol no Brasil. Fundado en 1959, o campionato está composto actualmente por 20 equipos, que disputan 38 xornadas entre febreiro e novembro, xogando tódolos equipos dúas veces entre si cada tempada, unha como locais e outra como visitantes. Este torneo está situado no calendario a continuación dos campionatos estatais, tales como o Paulista ou o Carioca.
En 2011 a IFFHS colocou ó Brasileirão no 3º posto da súa clasificación das ligas máis fortes do mundo. O Palmeiras, da cidade de São Paulo, é o equipo máis laureado da competición, con 11 títulos.
O Brasileirão coroa como campión do Brasil ó equipo que remata primeiro na táboa ó remate das 38 xornadas, igual que ocorre nas ligas española, inglesa e italiana. Ese equipo e os 3 seguintes acadan ademais o dereito a competir na seguinte edición da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica a nivel de clubs. Cando o campión da Copa Libertadores ou da Copa do Brasil remata ese mesmo ano a liga entre os 4 primeiros postos da táboa, a súa praza para a seguinte Copa Libertadores pasa ó seguinte equipo da táboa. Pola contra, os 4 últimos equipos da clasificación descenden de categoría. Campeonato Brasileiro Série B.
Equipos en 2026 Equipo Cidade Estado Estadio Herba CapacidadeAthletico ParanaenseCuritibaArena da BaixadaArtificial 42,372Atlético MineiroBelo HorizonteArena MRVArtificial 44,892BahiaSalvadorCasa de Apostas Arena Fonte NovaNatural 49,000BotafogoRio de JaneiroOlímpico Nilton SantosArtificial 44,661ChapecoenseChapecóArena CondáArtificial 20,089CorinthiansSão PauloNeo Química ArenaHybrid 47,252CoritibaCuritibaCouto PereiraNatural 40,502CruzeiroBelo HorizonteMineirãoNatural 66,658FlamengoRio de JaneiroMaracanãHybrid 78,838FluminenseGrêmioPorto AlegreArena do GrêmioHybrid 60,540InternacionalBeira-RioNatural 49,055MirassolMirassolCampos MaiaNatural 14,534PalmeirasSão PauloAllianz ParqueArtificial 43,713Red Bull BragantinoBragança PaulistaCícero de Souza MarquesNatural 12,000RemoBelémBaenãoNatural 13,792Mangueirão 53,645SantosSantosVila BelmiroNatural 16,068 São PauloSão PauloMorumBISNatural 66,671Vasco da GamaRio de JaneiroSão JanuárioNatural 24,584VitóriaSalvadorBarradãoNatural 35,632
Palmarés O Campionato Brasileiro, nos seus distintos formatos, naceu como tal en 1971. Non obstante, a Confederación Brasileira de Fútbol tomou a decisión de converter en oficiais tamén ós antigos torneos da Taça Brasil (1959-1968) e Torneo Roberto Gomes Pedrosa (1967-1970), de tal xeito que o palmarés do Campionato Brasileiro é o seguinte: 300px|miniatura|dereita|Estadio Morumbi, fogar do São Paulo. 300px|miniatura|dereita|Estadio Engenhão, fogar do Botafogo. TítulosEquipoTempadas11border|20px|Bandeira de São Paulo Palmeiras1960, 1967, 1967, 1969, 1972, 1973, 1993, 1994, 2016, 2018, 20228border|20px|Bandeira de São Paulo Santos1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 2002, 20047border|20px|Bandeira de São Paulo Corinthians1990, 1998, 1999, 2005, 2011, 2015, 20177border|20px|Bandeira de Río de Xaneiro Flamengo1980, 1982, 1983, 1992, 2009, 2019, 20206border|20px|Bandeira de São Paulo São Paulo1977, 1986, 1991, 2006, 2007, 20084border|20px|Bandeira de Minas Gerais Cruzeiro1966, 2003, 2013, 20144border|20px|Bandeira de Río de Xaneiro Vasco da Gama1974, 1989, 1997, 20004border|20px|Bandeira de Río de Xaneiro Fluminense1970, 1984, 2010, 20123border|20px|Bandeira de Rio Grande do Sul Internacional1975, 1976, 19792border|20px|Bandeira de Bahia Bahia1959, 19882border|20px|Bandeira de Río de Xaneiro Botafogo1968, 19952border|20px|Bandeira de Rio Grande do Sul Grêmio1981, 19962border|20px|Bandeira de Minas Gerais Atlético Mineiro1971, 20211border|20px|Bandeira de São Paulo Guarani19781border|20px|Bandeira de Paraná Coritiba19851border|20px|Bandeira de Pernambuco Sport19871border|20px|Bandeira de Paraná Atlético Paranaense2001
Estatísticas Os equipos con máis participacións no Campionato Brasileiro e o Grêmio que entre 1937 e 2024 disputaron 64 tempadas no torneo. Séguenos o Cruzeiro, o Atlético Mineiro e o Palmeiras, con 61; e o Botafogo e o Flamengo, con 59. O máximo goleador da historia da competición é Roberto Dinamite, que anotou 190 goles defendendo as cores do Vasco da Gama e da Portuguesa nos anos 70 e 80. Ségueo na clasificación Fred, autor de 157 goles con Cruzeiro, Fluminense e Atlético Mineiro. Os seguintes na clasificación son Romário (154), Edmundo (153), Zico (135) e Túlio (129). A cidade que concentra unha maior cantidade de campionatos é São Paulo, cuxos equipos gañaron 25 ligas. Séguea Río de Xaneiro con 18 ligas, Santos con 8, Belo Horizonte con 6 e Porto Alegre con 5. Os equipos que representan ó campionato brasileiro na Copa Libertadores teñen gañado 24 veces a máxima competición continental, índice no cal a liga brasileira só é superada polo campionato arxentino, cuxos equipos foron campións 25 veces. Na terceira posición está a liga uruguaia, con 8 Copas Libertadores. Os equipos brasileiros acadaron o máximo título mundial a nivel de clubs en 10 ocasións (6 Copas Intercontinentais e 4 Copas Mundiais de Clubs), índice no cal son superados unicamente polos equipos españois (12 títulos).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores Copa Suramericana Primeira División da Arxentina Ligazóns externas Páxina oficial da Confederación Brasileira de Fútbol
Categoría:Campionato Brasileiro Série A