Modesto Seara Vázquez, nado o 11 de setembro de 1931 en Allariz e finado o 26 de decembro de 2022, foi un político e xurista galego.
Traxectoria Realizou estudos en dereito na Universidade Central de Madrid, e obtivo o título de licenciado en 1955. Viaxou a Londres en 1957 e tamén a París, onde cursou o doutoramento en dereito internacional na Universidade da Sorbona. En 1959 presentou a tese Études de Droit Interplanetaire, unha das primeiras obras sobre o dereito do espazo exterior.
Logo de doutorarse marchou a México, onde foi profesor da Universidade Nacional Autónoma de México. A finais do século XX empezou a crear unha rede de universidades públicas no estado de Oaxaca, da que acabou por ser reitor. A rede, o Sistema de Universidades Estatais de Oaxaca (SUNEO) comprende a Universidade Tecnolóxica da Mixteca, a Universidade do Mar, a Universidade do Istmo, a Universidade da Serra Sur, a Universidade da Sierra Juárez, a Universidade do Papaloapan e a Universidade da Cañada. Ese de reitor era o posto que tiña en 2011, cando recibiu a Medalla Castelao.
Foi académico das Relacións Internacionais, destacou polas súas achegas no campo do Dereito do espazo exterior, dereito internacional e o estudo das Relacións Internacionais.
Premios e distincións En 2011 foi recoñecido pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Modesto Seara
Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1931 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Nacional Autónoma de México Categoría:Finados en 2022