Kepler-20 é unha estrela situada a 950 anos luz na constelación de Lyra. O 20 de decembro de 2011, o equipo da nave Kepler anunciou o descubrimento dos primeiros exoplanetas de tamaño terrestre, denominados Kepler-20e e Kepler-20f, orbitando unha estrela semellante ó Sol. Os planetas descubertos non están na zona de habitabilidade, segundo o informe da NASA, e suponse que teñen temperaturas superficiais de entre 427 °C e 760 °C. Ámbolos dous planetas teñen órbitas máis pequenas que a de Mercurio.

Notas

Categoría:Estrelas tipo-G