Shawne Brian Williams, nado o 16 de febreiro de 1986 en Memphis, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional actualmente axente libre.

Traxectoria profesional Williams foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Indiana Pacers, e asinou o seu contrato o 6 de xullo. Anotou 13 puntos no seu debut na NBA contra os Chicago Bulls o 11 de decembro de 2006.

O 10 de outubro de 2008, Williams foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio de Eddie Jones, dúas eleccións de segunda rolda do Draft e diñeiro.

O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Williams e a Kris Humphries aos New Jersey Nets a cambio de Eduardo Nájera. Catro días despois, os Nets o despediron.

O 23 de setembro de 2010, asinou un contrato dun ano cos New York Knicks.

O 15 de decembro de 2011, asinou cos New Jersey Nets un contrato por dous anos, que superaron a oferta realizada polos Knicks.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Mehmet Okur e unha eleccións de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace, pero nunca chegou a xogar cos Blazers.

O 3 de setembro de 2013, asinou cos Los Angeles Lakers.Lakers Sign Shawne Williams

O 1 de agosto de 2014, Williams asinou cos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Williams foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre os Heat, os Pelicans e os Phoenix Suns. Tres días máis tarde, foi cortado polos Pelicans.Pelicans Waive Shawne Williams

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Memphis, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers