Celso Currás López, nado en Vilalba o 25 de xaneiro de 1919 e finado o 2 de outubro de 2001, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre (1940), procurador dos tribunais, Axudante Técnico Sanitario e licenciado en Dereito. En 1946 foi destinado a Trabada onde exerceu como mestre ata a súa xubilación. Foi nomeado alcalde de Trabada en 1958 permanecendo no cargo ata a chegada da democracia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Trabada e foi elixido alcalde, pero renunciou ao cargo en 1982. En 1964 foi designado deputado provincial, cargo que renovou na lexislatura 1983-1987.

É pai do tamén político Celso Currás Fernández.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Trabada

Ligazóns externas Biografía na web do concello de Trabada

Categoría:Alcaldes de Trabada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes