Martiño Maseda Lozano, nado en Xoibán (Vilalba) o 28 de novembro de 1970, é un escritor galego.
Traxectoria Realizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo, para completar o segundo ciclo na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en febreiro de 1994.
Tras traballar como axudante dunha industria cárnica é operario nunha empresa do sector lácteo. Exerce a actividade literaria e, ao tempo, é colaborador nun suplemento semanal do xornal El Progreso, no portal Galicia Dixital e tamén no xornal Sermos Galiza.
Obra Poesía Nos labirintos da alma, 2011, Espiral Maior. Diario dun ser perdido, 2012, Instituto de Estudos Chairegos. Entre as paredes do silencio, 2013, Alvarellos. Fotogramas da desfeita, 2013, Instituto de Estudos Chairegos.
Obras colectivas Todo por unha teima e catro contos máis, 2000, Concello de Ourense/Agrupación de Libreiros. A endeble esencia, 2009, Concello de Lugo. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios Segundo premio no Certame Xuventude-98 de Narración da Xunta de Galicia no 1998. Gañador no Concurso Ourense de Contos para a mocidade no 1999. Gañador do Premio de poesía O poeta azul de Ferrol no 2000. Terceiro Premio no Certame Ágora Conto no 2001. Primeiro Premio de Poesía Pedro Alonso Morgado de Huelva no 2003. Mención no IV Certame Ágora Conto no 2003. Premio no Certame Literario de Vilalba no 2005, por Diario dun ser perdido. Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2009. Segundo premio de poesía do Certame Literario de Vilalba no 2010, por Nos labirintos da alma. Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2011. Segundo premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Entre as paredes do silencio. Terceiro Premio no IV Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro no 2015, por "A linguaxe das palabras rotas". Primeiro premio no VII Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro con Mapa de xeografía emocional.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes