Gumersindo Lamas Alvar, nado en 1964, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de PPdeG á alcaldía de Sarreaus e foi elixido alcalde co apoio de Centristas de Galicia, pese a lograr tan só 1 concelleiro. Nas municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019, acadou a alcaldía co 82% dos votos, e nas eleccións de 2023, renovou a alcaldía conseguindo 8 dos 9 concelleiros.

Polémica Durante as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi acusado de ceder o seu coche particular a un taxista xubilado para que achegase xente maior cara a un dos colexios electorais do municipio, unhas veces saíndo do coche co voto en man do PPdeG ou dándollo ao entrar no recinto da votación por parte dun dos apoderados do PP, incluído o propio Gumersindo. Estes feitos foron denunciados por un veciño do concello, que gravou todo o proceso, xunto cun representante do BNG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sarreaus

Categoría:Alcaldes de Sarreaus Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1964