Aura, tamén coñecido pola designación EOS CH-1, é un satélite artificial de observación terrestre da NASA con colaboración internacional. Foi lanzado o 15 de xullo de 2004 mediante un foguete Delta II 7920 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características Aura adícase a monitorizar e medir a cantidade de ozono e moléculas relacionadas na atmosfera terrestre, continuando a tarefa das misións UARS e TOMS. Tamén adícase a estudar os gases traza presentes na atmosfera e as súas transformacións.

Aura é o terceiro compoñente do sistema de observación terrestre da NASA. O plan inicial era construír tres satélites como Aura para ser lanzados en intervalos de cinco anos, pero finalmente só se construíu un. O satélite usa un bus cun deseño común aos satélites do sistema EOS adaptado aos seus intrumentos en particular.

Instrumentación HIRDLS (High Resolution Dynamics Limb Sounder) MLS (Microwave Limb Sounder) OMI (Ozone Monitoring Instrument) TES (Tropospheric Emission Spectrometer)

Notas

Véxase tamén Outros artigos CALIPSO (satélite) Aqua (satélite) PARASOL CloudSat

Ligazóns externas Páxina de Aura na NASA

Categoría:Satélites artificiais