A tróclea umeral é unha formación ósea do úmero, situada na epífise inferior ou distal. Presenta unha grande depresión, entre dous grandes bordos óseos, ocupando a parte anterior, inferior e posterior da epífise. Toda a estrutura serve para artellarse co cúbito mediante a articulación umerocubital. Por encima ten, no lado interno, a epitróclea, que serve para a inserción de diversos ligamentos e músculos e no lado externo, a fosa coronoide.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Úmero