Chao de Vilar é un lugar da parroquia de Vilar no concello coruñés de Pontedeume na comarca do Eume. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña 487 habitantes (235 homes e 252 mulleres).
É o lugar máis poboado da parroquia de Vilar e o segundo do concello despois do centro urbano debido en gran medida á Urbanización Olmo, construída na década de 1970 para as persoas que traballaban no estaleiro ASTANO e as súas familias. Así, dos 487 habitantes do lugar en 2010, 382 vivían nesta urbanización, dos que 186 eran homes e 196 eran mulleres.
Lugares e parroquias Lugares de Vilar
Parroquias de Pontedeume
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontedeume
Categoría:Lugares de Pontedeume