A espiña escapular é unha formación ósea situada na superficie posterior da omoplata ou escápula. Ten un traxecto oblicuo, ascendente cara a fóra. Separa a fosa supraespiñal da fosa infraespiñal. En orixe é unha pequena superficie ósea triangular que presta inserción ao músculo trapecio. Vai ascendendo e facéndose maior, ata formar o acromio. Estrutura Superficies A escápula ten dúas superficies: A superior ten forma cóncava e permite a inserción do músculo supraespiñal. A inferior forma parte da fosa infraespiñal e permite a inserción do músculo infraespiñal. Adoita posuír un burato polo que unha arteria nutre ao óso. Bordos O bordo anterior continúase co resto da escápula O bordo posterior é libre e presenta dous labios e un suco. O labio superior serve para a inserción do músculo trapecio e pode posuír un pequeno tubérculo. O labio inferior permite a inserción do músculo deltoide. O suco é subcutáneo e non ten apenas relevancia funcional. O bordo lateral é o máis pequeno dos tres e se continúa a través do acromio. Forma parte dos límites do burato supraescapular. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Escápula