O Calvario é un lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama. Segundo o IGE, en 2024 vivían 23 habitantes (11 homes e 12 mulleres).

Topónimo O nome procede da presenza dun calvario no lugar, un conxunto de cruces de pedra presidido por un cruceiro de maior tamaño, obxecto da devoción en vía crucis e novenas. Hoxe só se percorre na procesión da misa grande do 25 de xullo (Santiago Apóstolo), o día do patrón."A Lama. Os nomes dos lugares", Xosé Carlos Morgade Martínez, 1995

Poboación A sangría demográfica acentuouse neste lugar concreto. No 1999, vivían no Calvario 45 persoas (21 homes e 24 mulleres). Nesta táboa vese a evolución da poboación dende o 1999 ata 2023:

1999 2001 2003 2005 2007 2009 2011201320152017201920212023 45 44 43 39 39 32 30262523212422 Non obstante, e como se pode ver na táboa anterior, si que se comeza a observar durante a última década unha tendencia ao estancamento.

Lugares e parroquias Lugares de Antas

Parroquias da Lama

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Lama

Categoría:Lugares da Lama