Os angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Características Presentan un corpo tipicamente moi alongado, serpentiforme (morfoloxía á que debe o nome do grupo). Adoitan teren a pel núa, sen escamas, e cando as teñen son de tipo cicloide, e están embebidas na pel.Muus et al. (1988)Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995)

A abertura das branquias adoita ser moi estreita e desprazada no corpo cara a atrás; os maxilares posúen dentes ben formados en toda a boca. Todos teñen vexiga natatoria..

Carecen de aletas pelvianas e mesmo do esqueleto no que se basearían estas aletas. As aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies e, aquelas que as presentan, téñenas en posición moi alta.As aleta dorsal e anal adoitan estaren unidas á caudal, que é pequena e con raios curtos.

Clasificación miniatura|250px|Congro (Conger conger). miniatura|250px|Morea (Muraena herlena) no Aquarium Finisterrae. Divídense en tres subordes cun total de 15 familias:ITIS. Suborde Anguilloidei Familia Anguillidae Familia Heterenchelyidae Familia Moringuidae Suborde Muraenoidei Familia Chlopsidae Familia Muraenidae Familia Myrocongridae Suborde Congroidei Familia Colocongridae Familia Congridae Familia Derichthyidae Familia Muraenesocidae Familia Nemichthyidae Familia Nettastomatidae Familia Ophichthidae Familia Serrivomeridae Familia Synaphobranchidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.

Outros artigos Anguía Elopomorfos Teleósteos

Ligazóns externas

Anguilliformes en Fauna Europaea. Anguilliformes en ADW.