En crítica literaria denomínase falacia patética ou falacia antropomórfica á adscrición de sentimentos humanos ao inanimado. A frase creouna John Ruskin en Modern Painters ('Pintores modernos', 1856), quen a utilizou para describir negativamente a quen non mostraba "a verdadeira aparencia das cousas para nós", senón o "extraordinario, ou falsas aparencias, cando estamos baixo a influencia ou emoción da fantasía contemplativa".The Penguin Dictionary of Philosophy Second Edition (2005). Thomas Mautner, Editor. p. 455. Abrams, M.H.; Harpham, G.G. (2011) . A Glossary of Literary Terms. Wadsworth, Cengage Learning. p. 269. ISBN 9780495898023. LCCN 2010941195. The New Encyclopædia Britannica, 15ª edición (1988), volume 9, p. 197.
Trátase dunha forma de personificación moi frecuente en toda a historia da literatura, xa desde Homero. Hoxe en día carece dese valor pexorativo e utilízase para describir a actuación das forzas da natureza como suxeitos pensantes e sensíbeis. Era moi frecuente no Romanticismo, cando, por exemplo, os ceos se cubrían traxicamente intensificando a dor do protagonista.
Véxase tamén Outros artigos Falacia Falacia afectiva Prosopopea
Categoría:Literatura Categoría:Falacias