Juan José Esteban Gómez, máis coñecido como Juanillo Esteban, nado na Coruña o 12 de abril de 1968, é un actor, cantante, contacontos, clown e guionista galego. É tamén a voz do Xabarín da TVG.Juanillo Esteban: Son a voz do Xabarín entrevista na TVG
Traxectoria Estudou produción e realización de vídeo-TV na CAI (A Coruña), interpretación, guión, produción de espectáculos en vivo e talleres de clown con Jango Edvards e Leo Bassi.
Deuse a coñecer en 1993 no papel de Rufo Machado na comedia gore de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos, dirixida por Antonio Blanco, quen, un ano despois, foi un dos creadores do xa mítico e revolucionario programa infantil da TVG Xabarín Club. Neste programa Juanillo é a voz do Xabarín, o personaxe principal e presentador, dende 1994, co que tamén participou na serie Os Vixilantes do Camiño.
Outra faceta pola que é coñecido é polo seu traballo de monologuista, sendo o creador e intérprete do personaxe "Yoni Mediogramo".
Participou en varias series da TVG como Avenida de América, Fíos, ademais de intervencións en seis capítulos de Pratos combinados.
No 2004 volveu ó cinema de culto coa curtametraxe A Consulta do Dr. Natalio, de Javi Camino, na que interpreta o sinistro doutor, un científico tolo, papel que o actor volveu repetir na longametraxe ¡Maldito Bastardo!.
Tamén interveu no programa Fatal, fatal, fatal baixo o nome Juanillo Calamidad.
En 2019 dirixiu a Gala dos Premios María Casares xunto a Carlos Sante.
Películas A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993) ¡Maldito bastardo! (2007)
Curtametraxes ¿A ti como se che di adeus? (1999) A consulta do Dr Natalio (2004)
Televisión Programas Fatal, fatal, fatal (1991) Xabarín Club (1994) Máxima audiencia (2004) Onda curta (2005) Noitemóbil (2006)
Series Pratos combinados (1995) Rías Baixas (1999) Os Vixilantes do Camiño (2000) Avenida de América (2001) Fíos (2001) Somos unha potenzia (2006) Ficha na IMbB Padre Casares (2008)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas IMDb
Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1968