Atlacomulco é un concello ao norte do Estado de México, no México. Limita ao norte con Acambay e Temascalcingo, ao nordeste con Timilpan, ao leste con Morelos e Timilpan, ao suroeste con Jocotitlán e ao noroeste con Temascalcingo e El Oro. A súa área é de 257,89 km², e a súa poboación no ano 2010 era de 93 718 habitantes.Concello de Atlacomulco , SEDESOL, 29 de novembro de 2016. A cabeceira municipal do concello é Atlacomulco de Fabela.Municipio de Atlacomulco INAFED, 2015.

Topónimo Atlacomulco identifícase co nome na lingua náhuatl de Atlacomolco (cfr. náhuatl actual Atlacomolli (pozo), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar onde hai pozos".

Política e goberno

Alcaldes 22px Fidel Almaza Monroy (2012-2015) 22px Anna Chimal Velasco (2016-2018)

Demografía O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias. Localidades Poboación Total do concello 99 718 Atlacomulco de Fabela 22 774 San Lorenzo Tlacotepec 7 566 Santiago Acuitzilapan 5 866 San Antonio Enchisi 4 870 San Pedro del Rosal 4 277 Tecoac 3 175 Santa Cruz Bombatevi 2 843 San Juan de los Jarros 2 411 San José Toxi 1 735

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Atlacomulco INEGI, 2009.

Categoría:Atlacomulco